Adolf Schmidt

From Wikipedia, the free encyclopedia

Adolph Johann Schmidt, nado o 6 de decembro de 1806 en Frankfurt am Main e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1889, foi un médico e malacólogo alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Adolf Schmidt
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1806
Frankfurt, Alemaña
Morte8 de decembro de 1889 (83 anos)
Frankfurt, Alemaña
EducaciónUniversidade de Königsberg
Universidade de Heidelberg
Universidade de Halle-Wittenberg
Actividade
Ocupaciónmalacólogo, médico
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSchmidt
Pechar

Traxectoria

Formación e primeiros traballos

Adolf Schmidt, fillo dun rico comerciante, comezou os seus estudos de medicina na Universidade de Königsberg, que proseguiu na de Erlangen en 1826, trasladándose ao ano seguinte á de Heidelberg. Alí involucrouse en actividades políticas e foi expulsado, pero máis tarde, grazas á intervención de personalidades influentes, puido continuar os seus estudos, na Universidade de Halle, obtendo o título de doutor en medicina en 1830.

Schmidt viaxou a Francia e Inglaterra e en 1831 estableceuse como médico na súa cidadr natal. En 1834 estivo implicado con colegas afíns ideoloxicamente na construción de clínicas para pobres. No campo médico, Schmidt adquiriu notoriedade sobre todo polas súas contribucións ao desenvolvemento do controvertido tratamento da tuberculose pulmonar iniciado en Silesia polo doutor Hermann Brehmer, cuxo éxito foi recoñecido máis adiante polos críticos.

Investigacións nas ciencias da natureza

As ciencias naturais, en particular a malacoloxía, tamén interesaron a Adolf Schmidt, que en 1832 ingresou no Museo Senckenberg de Historia Natural de Frankfurt, onde levou a sección de moluscos. Schmidt tamén foi cofundador da Asociación Médica e, en 1855 da Asociación de microscopistas, da que foi director até 1875. A súa atención especial centrouse no estudo dos parasitos intestinais nos humanos.

Obra

  • Beiträge zur Malakologie: Mit drei Tafeln, G. Bosselmann, Berlin, 1857.

Abreviartura

A abreviatura A. Schmidt emprégase para recoñecer a Adolf Schmidt como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Senckenbergische Naturforschende Gesellschaft: Bericht der Senckenbergischen Naturforschenden Gesellschaft in Frankfurt am Main, Band 20, Die Gesellschaft, 1889, S. 118
  • Senckenbergische Naturforschende Gesellschaft: Natur und Museum, Senckenbergische Naturforschende Gesellschaft, 1889, S. 155 f.

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.