esgrimista austríaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Adolf Schmal, nado en Dortmund o 18 de setembro de 1872 e finado en Salzburgo o 28 de agosto de 1919, foi un tirador de esgrima, ciclista e xornalista deportivo austríaco.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (de) Felix Adolf Schmal 18 de setembro de 1872 Dortmund, Alemaña | ||||||||||||||||
Morte | 28 de agosto de 1919 (46 anos) Salzburgo, Austria | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | esgrimista, ciclista, xornalista | ||||||||||||||||
Pseudónimo literario | Filius Schmal-Filius | ||||||||||||||||
Deporte | esgrima ciclismo de competición | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
1896 | Xogos Olímpicos de 1896 (4º) | ||||||||||||||||
1896 | Xogos Olímpicos de 1896 | ||||||||||||||||
1896 | Xogos Olímpicos de 1896 (3º) (Medalla de bronce olímpica) | ||||||||||||||||
1896 | Xogos Olímpicos de 1896 (3º) (Medalla de bronce olímpica) | ||||||||||||||||
1896 | Xogos Olímpicos de 1896 (1º) (medalla de ouro olímpica) | ||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Irmáns | Felix Schmal | ||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Adolf Schmal era coñecido como tirador da modalidade de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1896 Schmal xa tiña dúas vitorias e estaba en clara vantaxe cando, segundo conta John MacAloons no seu libro This Great Symbol. Pierre de Coubertin and the Origins of the Modern Olimpic Games (1981), fixo a súa entrada no estadio o rei grego e o torneo quedou anulado, volvendo a empezar e nesta segunda volta gañou só a Georgios Iatridis, quedando cuarto sobre cinco participantes.
Días despois deron comezo as probas ciclistas no Velódromo Neo Phaliron, quedando terceiro en 333 metros contra reloxo e 10 quilómetros pero o seu mellor resultado veu dous días despois ao gañar a proba de 12 horas, ao cubrir 314'997 km. Sobre a súa participación nos olimpiadas escribiu unhas memorias Wie ich einen olympischen Lorbeer verlor - und einen gewann que se publicaron en 1919. Despois de rematar a súa carreira atlética dedicouse ao automobilismo e co pseudónimo de "Filius“ e máis tarde de Schmal-Filius, converteuse nun dos xornalistas do motor máis importantes de Austria. Foi editor do Illustrierten Allgemeinen Radfahrerzeitung[1], foi cofundador con Felix Sterne, e director entre 1900 e 1919, do Allgemeine Automobil-Zeitung.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.