From Wikipedia, the free encyclopedia
A administración descentralizada (en grego αποκεντρωμένη διοίκηση, apokendroméni diíkisi, "diocese descentralizada") é un grao da división administrativa de Grecia establecido en 2011, ao entrar en vigor o plan Calícrates. Grecia divídese en sete administracións descentralizadas que están encargadas de aplicar as políticas gobernamentais a nivel local e están conformadas polo territorio de entre unha e tres periferias.
O presidente (γενικός γραμματέας, «secretario xeral») é elixido polo Goberno central e actúa baixo as súas ordes. Cada administración posúe ademais un consello, que representa as respectivas periferias e municipios, pero é de carácter unicamente consultivo e, polo tanto, non pode tomar decisións.
A Constitución de Grecia estipula unha serie de competencias que permanecerán baixo control do Goberno central e que eran aplicadas a nivel local polas antigas periferias. Co plan Calícrates, as periferias asumiron as competencias das antigas prefecturas e convertéronse en organismos autónomos, polo que se decidiu crear unha nova división administrativa baixo o control directo do Goberno central.
Administración descentralizada | Sede | Periferias | Mapa | |
---|---|---|---|---|
Ática | Atenas | Ática | ||
Macedonia-Tracia | Tesalónica | Macedonia Central, Macedonia Oriental e Tracia | ||
Epiro-Macedonia Occidental | Ioannina | Epiro, Macedonia Occidental | ||
Tesalia-Grecia Central | Lárisa | Tesalia, Grecia Central | ||
Peloponeso, Grecia Occidental e Xónico | Patras | Peloponeso, Grecia Occidental, Illas Xónicas | ||
Exeo | O Pireo | Exeo Setentrional, Exeo Meridional | ||
Creta | Heraclión | Creta | ||
Fonte: Creación das administracións descentralizadasArquivado 03 de xullo de 2014 en Wayback Machine. - Ministerio grego de Interior |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.