Periferia de Ática

From Wikipedia, the free encyclopedia

Periferia de Áticamap

Ática (grego: Αττική, Attikí, é unha rexión administrativa que abarca toda a área metropolitana de Atenas, a capital de Grecia. A rexión ten a mesma extensión que a anterior Prefectura Ática de Grecia central, senón que abarca unha área maior que a rexión histórica de Ática.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Periferia de Ática
Περιφέρεια Αττικής (el)
Imaxe

Localización
 38°00′N 23°42′L
EstadoGrecia
Axencia gobernamentaladministración descentralizada de Ática
CapitalAtenas
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.814.064 (2021) (1.001,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie3.808,1 km²
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Ática (pt)
Cronoloxía
1987
2011:  Programa Kallikratis
Organización política
 Gobernador Rena Dourou (en) (2014–2019)
Giorgios Patoulis (en) (2019–)
Nikos Chardalias (en) (2023–)
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2GR-I e GR-A1
Código NUTSEL30

Sitio webpatt.gov.gr
Pechar

Información xeral

Situada no extremo leste de Grecia central, Ática cobre ao redor de 3.808 quilómetros cadrados. Ademais de Atenas, que contén dentro da súa área as cidades do Pireo, Eleusis, Megara, Laurium e Maratón, así como unha pequena parte da península do Peloponeso e as illas de Salamina, Exina, Poros, Hidra, Spetses, Citera e Antikythira. Ao redor de 3.750.000 persoas viven na rexión, das cales máis do 95% son habitantes da zona metropolitana de Atenas.

Administración

A rexión de Ática estableceuse na reforma administrativa de 1987 e ata 2010 comprendía as 4 prefecturas de Atenas, Ática Oriental, O Pireo e Ática Occidental.

Co plan Kallikratis de 2010, os poderes e autoridade da rexión foron completamente redefinidos e ampliados. Desde o 1 de xaneiro de 2011, a rexión representa a administración local de segundo nivel, supervisada pola Administración Descentralizada da Ática, que agora é un organismo autónomo independente con poderes e un orzamento comparables ás antigas prefecturas.

A rexión subdivídese en oito unidades subordinadas unidades rexionais: lei de reforma Kallikratis textoArquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine.

  • Atenas Norte
  • Atenas Occidental
  • Atenas Central
  • Atenas Sur
  • Ática Occidental
  • Ática Oriental
  • Pireo
  • Illas

O gobernador da rexión é Rena Dourou (SYRIZA), que o 1 de setembro de 2014.

Distritos electorais

A rexión de Ática componse de cinco distritos electorais: Atenas A, Atenas B, O Pireo A, O Pireo B e Ática.

Principais comunidades

  • Acharnés (Αχαρνές) ou Menídi (Μενίδι)
  • Agía Paraskeví (Αγία Παρασκευή)
  • Ágios Dimítrios (Άγιος Δημήτριος)
  • Aigáleo (Αιγάλεω)
  • Alimos (Άλιμος) or Kalamaki (Καλαμάκι)
  • Athína (Αθήνα) (Atenas en galego)
  • Chalándri (Χαλάνδρι)
  • Galátsi (Γαλάτσι)
  • Glyfáda (Γλυφάδα)
  • Ílion (Ίλιον) (oficialmente Nea Liosia)
  • Ilioúpoli (Ηλιούπολη)
  • Kallithéa (Καλλιθέα)
  • Keratsíni (Κερατσίνι)
  • Korydallós (Κορυδαλλός)
  • Maroúsi (Μαρούσι) ou Amaroúsion (Αμαρούσιον)
  • Néa Ionía (Νέα Ιωνία)
  • Néa Smýrni (Νέα Σμύρνη)
  • Níkaia (Νίκαια)
  • Palaió Fáliro (Παλαιό Φάληρο)
  • Peiraiás (Πειραιάς) (O Pireo en galego)
  • Peristéri (Περιστέρι)
  • Výronas (Βύρωνας)
  • Zográfos (Ζωγράφος)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.