Adler Mannheim
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Adler Mannheim é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Mannheim (Alemaña). O equipo compite na Deutsche Eishockey Liga, a máxima categoría da liga profesional alemá, competición que gañou en 5 ocasións (1997, 1998, 1999, 2001 e 2007), o que o converte no segundo equipo máis laureado da competición por detrás do Eisbären Berlin.
Datos rápidos Fundación, Cidade ...
Adler Mannheim | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1938 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | ![]() SAP Arena (13 600 esp.) |
Liga | Deutsche Eishockey Liga |
Campionatos | 5 (1997, 1998, 1999, 2001, 2007) |
Adestrador | ![]() |
Cores | Azul, branco e vermello |
Na rede | |
http://www.adler-mannheim.de/ |
Pechar
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/93/Adler_Mannheim_Fans_2012.jpg/640px-Adler_Mannheim_Fans_2012.jpg)
O equipo naceu en 1938 como Mannheimer ERC, e trocou o seu nome polo actual cando se profesionalizou, no ano 1994.
"Adler" tradúcese como "aguia", de xeito que o nome do club traducido ó galego é "As Aguias de Mannheim".