Adak
illa das illas Aleutianas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Adak (aleutiano: Adaax[1][2]) é unha illa na parte occidental do grupo Andreanof, nas illas Aleutianas en Alasca. A cidade máis ao sur de Alasca, Adak, atópase na illa. A illa ten unha superficie de 711´18 km², mide 52´5 km de longo e 35 km de largo, polo que é a 25ª illa máis grande dos Estados Unidos.
Adak | |
---|---|
Adaax | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Estados Unidos |
Estado | Alasca |
Arquipélago | Illas Aleutianas |
Mar | Mar de Bering, océano Pacífico |
Coordenadas | 51°53′00″N 176°39′00″O |
Xeografía | |
Superficie | 711´18 km² |
Longura máxima | 52´58 km. |
Largura máxima | 34´9 km. |
Punto máis alto | 1.196 m. Monte Moffett |
Demografía | |
Capital | Adak |
Poboación | 326 |
Lingua propia | Inglés, tagalo e aleutiano |
Debido aos ventos fortes, a nebulosidade frecuente, e as temperaturas frías, a vexetación é principalmente tundra (herbas, musgos, bagas, plantas florecentes de baixa altura) nas elevacións máis baixas. O punto máis alto é Moffett, cerca do extremo noroeste da illa, cunha elevación de 1.196 m. Está cuberto de neve a maior parte do ano. Adak, é a súa cidade máis grande e principal.
A palabra Adak vén da palabra aleutiana adaq, que significa "pai".