Filme de 1982 dirixido por Ted Kotcheff From Wikipedia, the free encyclopedia
Acurralado (en inglés: First Blood) é un filme estadounidense de acción dirixido por Ted Kotcheff que se estreou en 1982. Foi coescrito e protagonizado por Sylvester Stallone no papel de John Rambo, un veterano da guerra de Vietnam que debe empregar as súas habilidades de combate e supervivencia para loitar contra a aplicación abusiva da lei nunha vila pequena. Baséase na novela de David Morrell First Blood e é o primeiro título da franquía Rambo. Brian Dennehy e Richard Crenna tamén aparecen en papeis secundarios.
Acurralado | |
---|---|
Logo de Rambo. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | First Blood |
Director | Ted Kotcheff |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | First Blood de David Morrell |
Intérpretes |
|
Música | Jerry Goldsmith |
Fotografía | Andrew Laszlo |
Montaxe | Joan E. Chapman |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | 22 de outubro de 1982 |
Duración | 93 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $15 000 000[2] |
Recadación | $125 200 000[2] |
Filme seguinte | Rambo: First Blood Part II |
Na rede | |
O filme foi estreado nos Estados Unidos o 22 de outubro de 1982. Malia as críticas diversas, foi un éxito de recadación con máis de $47,2 millóns. Dende a súa estrea, Acurralado foi eloxiado polas personaxes interpretadas por Stallone, Dennehy e Crenna, e recoñeceuse a súa influencia no xénero de acción. Tamén se converteu nun filme de culto. O seu éxito motivou tres secuelas (todas elas coescritas e protagonizadas por Stallone), a serie animada Rambo: The Force of Freedom, banda deseñada, novelas e un remake de Bollywood. Un quinto filme, orixinalmente titulado Rambo: Last Stand, foi cancelado en xaneiro de 2016 cando Stallone dixo que non retomaría a personaxe.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.