From Wikipedia, the free encyclopedia
A folosa palustre (Acrocephalus palustris) é unha folosa migratoria do que cría en Europa e Asia.
Folosa palustre | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Folosa palustre en Polonia.
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Acrocephalus palustris' (Bechstein, 1798) |
Son paxaros duns 13 cm. de lonxitude, con entre 17 e 21 cm. de envergadura de ás e que pesan de 11 a 14 gramos. A parte superior do corpo e castaña agrisada e a inferior branca amarelada. Teñen a gorxa branca e o bico afiado. Visualmente son difíciles de distinguir da folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus), do que se diferenza polo lombo máis gris, a fronte menos patela e o bico menos forte. Como é típico nas folosas, a plumaxe de machos e femias é semellante. Poden acadar os nove anos de idade. Son aves que se moven entre a vexetación mesta. O seu canto, rápido e alto está composto case exclusivamente de imitacións dos cantos doutras aves, puntuadas cos chíos e asubíos propios das folosas do xénero Acrocephalus. No canto desta especie foron identificados os sons de diferentes especies de paxaros africanos e europeos.
Viven entre vexetación mesta e máis axiña alta coma canavais, mato e campos de cultivo , preto de zonas acuáticas e ríos. Crían nas zonas temperadas de Europa e no oeste de Asia e pasan o inverno no sueste de África. Na Península Ibérica non crían. No centro e leste de Europa permanecen entre maio e setembro.
Son aves insectívoras que ademais de insectos e as súas larvas, arañas e pequenos moluscos consomen ocasionalmente bagas.
Maduran sexualmente cando pasan o ano de vida.Á época reprodutora vai principalmente de maio a xullo. Fan un niño de herbas e xuncos que sitúan moitas veces entre os talos de ortigas ou plantas agrícolas. Poñen entre 3 e 5 ovos brancos azulados que chocan alternativamente os dous membros da parella entre 12 e 14 días. Os polos son capaces de voar con entre 10 e 14 días de vida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.