é a atención ou avances sexuais non desexados e repetido From Wikipedia, the free encyclopedia
O acoso sexual inclúe unha serie de ataques que van dende molestias até o abuso grave que pode chegar a involucrar actividade sexual. Considérase que o acoso sexual é unha forma de discriminación ilegal e é unha forma de abuso sexual e psicolóxico.
Para que exista o delito contra a liberdade sexual é preciso que o comportamento do acosador faga que a vítima dunha situación moi intimidatoria, hostil ou humillante.
Isto ocorre normalmente no lugar de traballo ou noutros eidos, como o ensino ou servizos habituais nos que poñer obxeccións ou rexeitar o acoso pode ter consecuencias negativas. Na lei de ocupación dos Estados Unidos, está definido como calquera interese ou comportamento sexual inadecuado no lugar de traballo, tendo o efecto de facer que o lugar de traballo sexa intimidatorio ou hostil. Algúns psicólogos e traballadores sociais cren que o acoso sexual grave ou crónico poden ter os mesmos efectos psicolóxicos sobre as vítimas que a violación ou a agresión sexual. A reacción violenta e as represalias por denunciar o acoso sexual pode agravar aínda máis os efectos. Por exemplo, en 1995, Judith Coflin suicidouse tras unha acoso sexual continuado por parte dos seus xefes e compañeiros (a súa familia foi indemnizada con máis de 6 millóns de dólares).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.