Os organismos acidófilos ou acidófilos son os que prefiren vivir en condicións ácidas (xeralmente os óptimos están arredor de pH 3,0 ou inferior[1][2]). Algúns están tan adaptados aos ambientes moi ácidos que morren mesmo a pH moderados aínda ácidos. O organismo máis extremadamente acidófilo coñecido é a arquea Picrophilus, que chega a vivir a pH 0,06. Os organismos acidófilos encóntranse en diferentes pólas da árbore da vida, e entre eles hai arqueas, bacterias, e eucariotas. Entre os acidófilos atópase unha gran variedade de metabolismos: aerobios, anaerobios e anaerobios facultativos, procariotas quimiolitótrofos e heterótrofos de diversas clases, eucariotas fotoautótrofos, protozoos predadores etc. Poden atoparse en diversos hábitats como zonas volcánicas, fontes hidrotermais terrestres ou mariñas, minas (ou outras zonas) con drenaxes ácidas ou nos estómagos de animais. Un exemplo de ecosistema ácido é río Tinto, Huelva, España, con augas ácidas entre os pHs 1,7 e 2,5 que albergan un rico endemismo composto de arqueas quimiosintéticas, bacterias heterótrofas, algas unicelulares como as diatomeas, diversos protistas, fungos, lévedos e rotíferos, entre outros.[3]
Unha lista de exemplos de organismos acidófilos son:
- Arqueas
- Sulfolobales, orde de arqueas Crenarchaeota.
- Thermoplasmatales, orde de arqueas Euryarchaeota.
- ARMAN, grupo de arqueas Euryarchaeota.
- Acidianus brierleyi, A. infernus, arqueas termoacidófilas anaerobias facultativas.
- Halarchaeum acidiphilum, unha arquea da familia Halobacteriacaeae.[4]
- Metallosphaera sedula, termoacidófila.
- Bacterias
- Acidobacterium,[5] filo de Bacteria.
- Acidithiobacillales, orde de Proteobacteria, por exemplo Acidithiobacillus ferrooxidans, Acidithiobacillus thiooxidans.
- Thiobacillus prosperus, T. acidophilus, T. organovorus, T. cuprinus
- Acetobacter aceti, bacteria que produce ácido acético a partir da oxidación do etanol.
- Alicyclobacillus, xénero de bacterias que pode contaminar os zumes de froitas.[6]
A maioría dos organismos acidófilos teñen mecanismos moi eficaces para bombear protóns fóra do espazo intacelular para manter o seu citoplasma a un pH próximo á neutralidade. Deste modo, as súas proteínas intracelulares non teñen que ter unha especial etabilidade en medios ácidos. Porén, algúns acidófilos, como Acetobacter aceti, si teñen citoplasmas acidificados e proteínas que evolucionaron cara á unha grande estabilidade en medios ácidos.[8] Para comprender os mecanismos de estabilidade das proteínas nesas condicións, Acetobacter aceti está sendo moi estudado.
Os estudos realizados sobre estas proteínas adaptadas a pHs baixos revelaron algúns mecanismos xerais para acadar a estabilidade en medio ácido. Nas proteínas máis estables en ácido (como a pepsina e a proteína soxF de Sulfolobus acidocaldarius), obsérvase unha superabundancia de residuos ácidos que minimiza a desestabilización causada pola acumulación de cargas positivas. Outros mecanismos inclúen a minimización da accesibiidade ao solvente dos residuos ácidos ou a unión de cofactores metálicos. No caso especial da proteína NAPase da bacteria Nocardiopsis alba observouse a recolocación dunhas |pontes salinas sensibles ao ácido fóra das rexións que xogan un importante papel no proceso de despregamento da proteína. Neste caso de estabilidade cinética ao ácido, a duración da proteína conséguese nun amplo rango de pHs, tanto ácidos coma básicos.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.