Acetilcolinesterase
From Wikipedia, the free encyclopedia
A acetilcolinesterase (símbolo de HGNC ACHE; EC 3.1.1.7; nome sistemático acetilcolina acetilhidrolase), tamén coñecido como AChE, AChase ou acetilhidrolase, é a principal colinesterase do corpo humano. É un encima que cataliza a degradación por hidrólise da acetilcolina e algúns outros ésteres de colina que funcionan como neurotransmisores, segundo a seguinte reacción:
- acetilcolina + H2O → colina + acetato
«ACHE» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase Ache.
Non confundir con Colinesterase ou Colina acetiltransferase.
Datos rápidos Identificadores, Número EC ...
Acetilcolinesterase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A acetilcolinesterase cataliza a hidrólise da acetilcolina a acetato e colina | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Número EC | 3.1.1.7 | ||||||||
Número CAS | 9000-81-1 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
Pechar
Datos rápidos ACHE, Estruturas dispoñibles ...
ACHE | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 7 q22.1 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
Pechar
Encóntrase principalmente nas unións neuromusculares e en sinapses químicas de tipo colinérxico, onde a súa actividade serve para terminar a transmisión sináptica. Pertence á familia encimática da carboxilesterase. É a diana principal de inhibición para os compostos organofosforados, como os axentes nerviosos e pesticidas.