![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/03/Grand_Canyon_NP-Arizona-USA.jpg/640px-Grand_Canyon_NP-Arizona-USA.jpg&w=640&q=50)
Accidente xeográfico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un accidente xeográfico é unha particularidade xeomorfolóxica no relevo do planeta Terra, tanto na formación de solos continentais e costeiros.[1] Os accidentes xeográficos adoitan clasificarse por características tales como a elevación, pendente, orientación, estratificación, formación rochosa e tipo de solo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Accidente.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/03/Grand_Canyon_NP-Arizona-USA.jpg/640px-Grand_Canyon_NP-Arizona-USA.jpg)
Varios factores, desde a tectónica de placas até a erosión e a sedimentación, poden xerar e alterar accidentes xeográficos. Factores biolóxicos tamén poden influír neles, como é o caso das plantas no desenvolvemento das dunas e os saladares, e dos corais e algas na formación de arrecifes.