froito da abeleira From Wikipedia, the free encyclopedia
A abelá (da expresión latina abellana (nux) ‘noz de Abella’, lugar da Campania onde abundaban estes froitos)[1] é o froito da abeleira (Coryllus avellana).
Ten forma de esfera, dun diámetro de entre 10 e 15 mm. Formada por unha casca fibrosa externa arrodeada por unha pela lisa que recobre a semente. A casca fibrosa seca durante a maduración. As abelás madurecen a finais do verán e comezos do outono, cando pasan da cor verde á cor castaña.
O núcleo da semente é comestible, tanto cru como cociñado. A pel ten un sabor agre polo que normalmente se retira antes de consumir o froito. Da abelá obtense un aceite de sabor forte e de gran calidade par o uso alimentario. As abelás utilízanse en confeitaría.
As principais zonas de produción comercial son o sur de Europa e o noroeste dos Estados Unidos. Historicamente a abelá considerábase unha garantía contra os anos de fame, ao se poder gardar durante longos períodos de tempo, sen perder as súas propiedades nutritivas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.