From Wikipedia, the free encyclopedia
O abellaruco[2][3] ou abelleiro[4][5] (Merops apiaster), é un paxaro rubideiro da familia dos merópidos.
Abellaruco, abelleiro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Merops apiaster' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución do Abellaruco |
Os abellarucos teñen unha esperanza de vida de entre uns 5 e 10 anos.
O abellaruco é insectívoro, e o seu nome común é debido ás abellas, que constitúen a súa principal fonte de alimentación.
Aliméntase de insectos voadores, en especial abellas, pero tamén avespas; cázanas no aire e antes de comer as abellas quítanlles o aguillón golpeándoas contra o chan. Poden comer arredor de 250 abellas ou avespas ao día.
Pode chegar aos 27 ou 29 cm. É un paxaro con cores ricas, a gorxa amarela, o peito verde e ás azuis e verdes. O seu hábitat é o campo aberto e entre árbores e matos esparexidos, nun clima cálido. Tanto o macho como a femia coidan dos ovos.
Vive no sur de Europa, en partes do norte de África e o oeste de Asia. É un paxaro migratorio, o inverno pásao na África tropical ou no noroeste da India.
Os abelleiros son gregarios, aniña en colonias nas ribeiras dos ríos, escavando buratos ou tobos, xeralmente ao comezo de maio.
Aínda que abunda menos que noutras zonas da Península Ibérica, tamén hai presenza de abelleiros en terras galegas, e a Sociedade Galega de Historia Natural organiza anualmente unhas xornadas de avistamentos destes paxaros chamadas "Na procura do Abellaruco".[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.