A dilixencia
filme de 1939 dirixido por John Ford / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dilixencia (en inglés: Stagecoach) é un filme estadounidense do xénero western de 1939, dirixido por John Ford e protagonizada por John Wayne no seu papel revelación. O guión, escrito por Dudley Nichols, é unha adaptación de "The Stage to Lordsburg", relato de 1937 de Ernest Haycox. O filme segue un grupo de descoñecidos nunha dilixencia a través do perigoso territorio apache. A dilixencia foi o primeiro dos moitos westerns que Ford rodou en Monument Valley, no suroeste estadounidense no límite entre Arizona e Utah.
A dilixencia | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Stagecoach |
Director | John Ford |
Produtor | Walter Wanger |
Guión | Dudley Nichols |
Baseado en | The Stage to Lordsburg, de Ernest Haycox (1937) |
Intérpretes | Claire Trevor John Wayne Thomas Mitchell John Carradine |
Música | Louis Gruenberg Richard Hageman W. Franke Harling John Leipold Leo Shuken |
Fotografía | Bert Glennon |
Montaxe | Otho Lovering Dorothy Spencer |
Estudio | Walter Wanger Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 2 de febreiro de 1939 [1] |
Duración | 96minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 531 374 dólares[2] |
Recadación | 1 103 757 dólares[2] |
Na rede | |
O filme foi recoñecido como unha obra importante que transcende o xénero do western. O filósofo Robert B. Pippin observou que a colección de personaxes e a súa viaxe "son arquetipos máis que simplemente individuos" e que o filme é unha "representación mítica das aspiracións estadounidense cara a unha forma de igualdade politicamente sifnificativa".[3] Con todo, A dilixencia tamén é controvertida, xa que, como en moitos westerns da época, a súa descrición dos Nativos Americanos como simples salvaxes foi criticada como proba clara de racismo.[4]