A cidade das mulleres
obra literaria de Christine de Pizan / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cidade das mulleres[1] (La Cité des dames[2]) é unha obra literaria terminada en 1405, quizais a obra máis famosa da poeta francesa Christine de Pizan. Está considerada unha obra clave na Querela das mulleres.[3] O libro é a resposta de Pizan ao popular Roman de la Rose, de Guillaume de Lorris, que acabara Jean de Meung. As afirmacións que hai no Roman de la Rose sobre as mulleres son combatidas por Pizan mediante unha cidade alegórica:[4] Pizan defende ás mulleres citando unha ampla gama de figuras femininas ilustres, que estarán «aloxadas» na cidade das mulleres. A medida que Pizan constrúe a súa cidade, nomea a mulleres ilustres para defenderse dos argumentos misóxinos vertidos por numerosos e sabios autores. Cada muller nomeada vai ser un exemplo desa contraargumentación.
A cidade das mulleres | |
---|---|
Autor/a | Christine de Pisan |
Orixe | Reino de Francia |
Lingua | francés medio |
Xénero(s) | novela e Alegoría |
[ editar datos en Wikidata ] |