A Habana vella
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Habana vella (castelán: La Habana Vieja) é o centro da cidade e un dos 15 municipios (ou distritos) que forman A Habana, Cuba. Ten a segunda maior densidade de poboación da cidade e contén o núcleo da cidade orixinal da Habana. As posicións das murallas orixinais da Habana son os límites modernos da Habana Vella.
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
A Habana vella e o seu sistema de fortificacións | |
---|---|
A Havana vella de noite | |
Havana Map - Habana Vieja.png Mapa de localización | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Cuba |
Localización | 23°08′09.4″N 82°21′30.0″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | IV, V |
Inscrición | 1982 (6º sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 204 |
Pechar
En 1982, a Habana Vella foi inscrita na UNESCO na Lista do Patrimonio Mundial, pola súa arquitectura barroca e neoclásica única, as súas fortificacións e a súa importancia histórica como parada na ruta ao Novo Mundo.[1] Un ano despois iniciouse unha campaña de salvagarda para restaurar o auténtico carácter dos edificios.