![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9e/Enseada_do_Orz%25C3%25A1n.jpg/640px-Enseada_do_Orz%25C3%25A1n.jpg&w=640&q=50)
A Coruña
concello da provincia da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña[1] e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | A Coruña ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 247.376 (2023) ![]() | ||||
Xentilicio | coruñés, brigantino, herculino, cascarilleiro ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 37,83 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 21 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa da Coruña ![]() | Inés Rey (2019–) ![]() | ||||
Eleccións municipais na Coruña ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15001–15011 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 981 y 881 ![]() | ||||
Código INE | 15030 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | coruna.gal ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612)[2] e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.[3]
A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.
Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX. Estas déronlle á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal.[4] Destacan tamén as súas numerosas praias e o medio rural, que ofrecen múltiples posibilidades de lecer.