![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4a/Main_international_flyways_-_bird_migration-fr.svg/langgl-640px-Main_international_flyways_-_bird_migration-fr.svg.png&w=640&q=50)
AEWA
tratado internacional para a protección de aves / From Wikipedia, the free encyclopedia
O AEWA, acrónimo (African-Eurasian Waterbird Agreement) do Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (African-Eurasian Waterbird Agreement) e un tratado internacional independente desenvolvido baixo os auspicios da UNEP/Asemblea sobre as especies migratorias. Foi asinado o 16 de xuño de 1995 na Haia, nos Países Baixos e entrou en vigor en novembro de 1999, despois de que o número mínimo necesario de 14 países, sete de África e sete de Eurasia, o ratificasen.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4a/Main_international_flyways_-_bird_migration-fr.svg/640px-Main_international_flyways_-_bird_migration-fr.svg.png)
O AEWA aplícase a 235 especies de aves ecoloxicamente dependentes das zonas húmidas durante polo menos parte do seu ciclo vital anual, entre elas corvos mariños, ibis, flamengos, parrulos, cisnes, garzas, gansos, gaivotas, limícolas e mesmo o pingüín africano.
O acordo cobre 119 países de Europa, parte de Asia, o Canadá e África, e intenta coordinar as accións levadas a cabo polos estados implicados durante a migración das aves ás que se aplica. Dos 119 estados implicados, 58 formaban parte como asinantes do tratado o 1 de novembro do 2006.
Os estados que asinaron o convenio acordan levar a cabo unha ampla gama de accións destinadas á conservación das especies afectadas, que se recollen nun Plan de Acción, que especifica puntos clave coma a conservación de hábitats e especies, xestión das actividades humanas, investigación e control, educación e información e posta en marcha.