![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/53/AEK_Basketball_Club_Logo.svg/langgl-640px-AEK_Basketball_Club_Logo.svg.png&w=640&q=50)
AEK B.C.
From Wikipedia, the free encyclopedia
O A.E.K. Basketball Club (en grego: Αθλητική Ένωσις Κωνσταντινουπόλεως, literalmente: Unión de Atletas de Constantinopla) é a sección de baloncesto da sociedade polideportiva AEK Atenas con base en Atenas, Grecia. Actualmente compite na A1 Ethniki, a máxima categoría do baloncesto grego, e na Eurocup. Foi fundado en 1924 por refuxiados gregos que fuxiron de Constantinopla (hoxe Istambul), trala Guerra Greco-Turca (1919-1922). Hoxe é un dos clubs helenos máis populares de Grecia, contando con numerosos seareiros en Grecia e Chipre, así como nas comunidades da diáspora grega en todo o mundo, principalmente en Australia, o Reino Unido e os Estados Unidos.
AEK B.C. | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Athlitiki Enosis Constantinoupoleos |
Liga | A1 Ethniki / BCL |
Fundación | 1924 |
Cores | Dourado, negro |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | OAKA Indoor Hall |
Capacidade | 18.500 |
Inauguración | 1995 |
Campionatos | |
C. Saporta | 2 (1968, 2000) |
BCL | 1 (2018) |
Liga | 8 (1958, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1970, 2002) |
Copa | 4 (1981, 2000–2001, 2018) |
aekbc.gr |
O AEK foi o primeiro equipo da historia do baloncesto grego, non só en chegar a unha final da Euroliga, senón tamén en gañar un título europeo. O 4 de abril de 1969, o AEK venceu ao Slavia Praha por 89-82 en Atenas, nun encontro celebrado ante 80.000 espectadores. Na súa historia o equipo gañou até en oito ocasións a liga grega, tres veces a copa, dúas veces a Copa Saporta (antiga Recopa de Europa) e unha Champions League. O AEK xoga os seus partidos como local no OAKA Indoor Hall, un pavillón con capacidade para 18.500 espectadores.