ADN ribosómico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ADN ribosómico (ADNr ou rDNA)[1] é unha secuencia de ADN contida nos cromosomas que codifica ARN ribosómico (ARNr). Estas secuencias regulan a transcrición e iniciación da amplificación e conteñen segmentos espazadores transcribíbeis e non transcribíbeis. As unidades de transcrición do ARN ribosómico agrúpanse en tándem. Estas rexións de ADNr denomínanse tamén rexións de organización do nucléolo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ac/Eucaryot_rdna.png/640px-Eucaryot_rdna.png)
O ADNr 5S codifícase separadamente.
NTS: espazador non transcribíbel,
ETS: espazador transcribíbel externo,
ITS: espazador transcribíbel interno.
No xenoma humano existen cinco cromosomas con ADN ribosómico: os cromosomas 13, 14, 15, 21 e 22.
O nivel baixo de polimorfismo na unidade de transcrición do ADNr permite a caracterización de cada especie usando só uns poucos exemplares e fai que este ADN sexa útil para a comparación interespecífica.
Ademais, as repeticións das diferentes rexións de codificación do ADNr mostran distintas taxas de evolución. Como resultado diso, este ADN pode proporcionar información sobre case calquera nivel sistemático.[2]