ADN A

From Wikipedia, the free encyclopedia

ADN A

O ADN A (ou A-DNA) é unha das posibles estruturas en dobre hélice que pode adoptar o ADN. O ADN A crese que é unha das tres estruturas en dobre hélice biolóxicamente activas do ADN, xunto coa do ADN B (a máis común) e o ADN Z. É unha dobre hélice dextroxira bastante similar á máis común e mellor coñecida da forma ADN B, pero cunha estrutura helicoidal máis compacta e cos pars de bases non perpendiculares ao eixe da hélice (como están no ADN B). Parece probable que só apareza en mostras deshidratadas de ADN, como as utilizadas nos experimentos de cristalografía, e posiblemente aparece tamén nas dobres hélices híbridas ADN-ARN. A mesma conformación helicoidal é a que se observa máis comunmente nos ARN bicatenarios.

Thumb
Dobre hélice do ADN A, no cal as bases están moi inclinadas.

Estrutura

Un ADN A é bastante similar ao ADN B dado que é tamén unha hélice dextroxira con sucos maiores e menores. Porén, como se mostra na táboa comparativa de abaixo, hai un lixeiro incremento no número de pares de bases por rotación (e como resultado un ángulo de rotación máis cerrado), e unha maior elevación (rise) por xiro. Isto orixina que se forme un suco maior máis profundo e un suco menor menos profundo.

Xeometrías comparadas das formas máis comúns do ADN

Thumb
Vista lateral e superior das conformacións dos ADN A, B e Z.
Thumb
Os puntos amarelos representan a localización do eixe da hélice das formas de ADN A, B e Z con respecto ao par de bases guanina-citosina.
Máis información Atributos de xeometría ...
Atributos de xeometría ADN A ADN B ADN Z
Sentido da hélicedextroxiradextroxiralevoxira
Unidade repetida1 bp1 bp2 bp
Rotación por par de bases32,7°34,3°60°/2
Pares de bases por xiro1110,512
Inclinación dos pares de bases con respecto ao eixe+19°−1,2°−9°
Elevación (rise) por par de bases ao longo do eixe2,3 Å (0.23 nm)3,32 Å (0,332 nm)3,8 Å (0,38 nm)
Xiro da hélice28,2 Å (2,82 nm)33,2 Å (3,32 nm)45,6 Å (4,56 nm)
Torsión media da hélice (mean propeller twist)+18°+16°
Ángulo glicosilo (orientación dos substituíntes das bases con respecto dos residuos de azucres)antiantiC: anti,
G: sin
Pregamento do azucre (ring pucker)C3'-endoC2'-endoC: C2'-endo,
G: C2'-exo
Diámetro23 Å (2,3 nm)20 Å (2,0 nm)18 Å (1,8 nm)
Fontes:[1][2][3]
Pechar

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas =

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.