ABC Studios
From Wikipedia, the free encyclopedia
ABC Studios é unha produtora de televisión subsidiaria de Disney-ABC Television Group. ABC Studios estableceuse orixinalmente como Touchstone Television (chamada despois Touchstone Pictures) en 1985 e pero trocou de nome polo actual en maio de 2007.
ABC Studios | |
---|---|
Tipo | Subsidiaria |
Fundación | 1985 (como Touchstone Television) 2007 (como ABC Studios) |
Matriz | Disney-ABC Television Group |
Localización | Burbank (California) Estados Unidos |
Persoas clave | John E. Pepper, Jr., presidente Robert Iger, presidente/director executivo |
Industria | Produción televisiva |
Na rede | |
https://www.dgepress.com/abc/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dende a tempada de 2009–2010, tódalas series de televisión producidas por ABC Studios teñen a lenda "An ABC Studios Production" ó comezo dos créditos, mentres que o logo de ABC Studios foi temporalmente abandonado. Porén, o logo de ABC Studios pode ser visto ó final das reposicións de producións televisivas que llo levaban anteriormente. É unha compañía derivada de Touchstone Pictures, a primeira compañía de Disney que non leva o nome de Walt Disney.
En xuño de 2009, ABC Entertainment anunciou unha nova organización, efectiva de inmediato.[1][2] En xaneiro de 2010, Disney-ABC Television Group anunciou que ía recortar un 5% a forza de produción.[3]