4 luni, 3 săptămâni și 2 zile
filme de 2007 dirixido por Cristian Mungiu / From Wikipedia, the free encyclopedia
4 luni, 3 săptămâni și 2 zile é un filme romanés de 2007 escrito e dirixido por Cristian Mungiu. Está protagonizado por Anamaria Marinca, Laura Vasiliu e Vlad Ivanov. Está ambientado na Romanía comunista nos derradeiros anos da era de Nicolae Ceaușescu. Conta a historia de dúas estudantes universitarias, compañeiras de cuarto que tratan de facer un aborto. Inspirada no contexto histórico e social, amosa a lealdade de dúas amigas e as súas dificultades para conseguilo.
4 luni, 3 săptămâni și 2 zile | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile |
Director | Cristian Mungiu |
Produtor | Cristian Mungiu Oleg Mutu |
Guión | Cristian Mungiu |
Intérpretes | Adi Cărăuleanu Luminița Gheorghiu Mădălina Ghițescu Vlad Ivanov Anamaria Marinca Alexandru Potocean Laura Vasiliu |
Fotografía | Oleg Mutu |
Montaxe | Dana Bunescu |
Distribuidora | BAC Films |
Estrea | Cannes: 7 de maio de 2007![]() |
Duración | 113 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | €600 000[2] |
Recadación | $9 800 000[3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Mungiu e o fotógrafo Oleg Mutu rodárona en Bucarest e noutras localizacións en 2006. Despois da súa estrea mundial en Cannes, 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile estreouse en Romanía o 1 de xuño de 2007, no Festival Internacional de Cinema de Transilvania. Foi aclamada pola crítica, e salientouse o seu minimalismo e a súa intensa temática.
Gañou tres premios no Festival de Cannes 2007, incluíndo a Palma de Ouro. Tamén conseguiu outros premios, como o de mellor filme no Premios do Cinema Europeo e nos Premios Gopo romaneses. 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile converteuse en obxecto de controversia sobre a censura, o debate sobre o aborto e a súa exclusión na 80ª edición dos Oscar, mais está considerado un dos mellores filmes da década de 2000.