3Cat
From Wikipedia, the free encyclopedia
3Cat (tamén chamado TREScat ou 3ALaCarta) é a fusión dixital entre os diferentes medios que forman parte da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA): Televisió de Catalunya e Catalunya Ràdio, que agora se chama CatRàdio.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
3Cat | |
---|---|
![]() | |
Tipo | vídeo baixo demanda, Streaming, servizo de retransmisión de vídeo e web broadcaster |
Data de fundación | 30 de outubro de 2023 |
Director/a | Rosa Romà i Monfà |
Sede | Sant Joan Despí |
País | España |
Na rede | |
https://3cat.cat | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Esta nova marca de contidos audiovisuais en catalán tomará o relevo das devanditas marcas Televisió de Catalunya e Catalunya Ràdio antes de que remate o actual mandato da CCMA en 2028.[1]
O obxectivo é reformular a estrutura clásica da televisión e da radio, xa que engade podcasts, videopodcasts e programas de televisión exclusivos, e transformala nunha gran fábrica de contidos[2][3] para converterse nunha poderosa marca única e conectar máis e mellor coa cidadanía.[4]