![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bb/Glycerate_3-phosphate.svg/langgl-640px-Glycerate_3-phosphate.svg.png&w=640&q=50)
Ácido 3-fosfoglicérico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido 3-fosfoglicérico (3PG) ou ácido 3-fosfo-D-glicérico [1] é unha molécula moi importante no metabolismo, xa que intervén (en forma ionizada) na glicólise e no ciclo de Calvin da fotosíntese. Trátase dun ácido carboxílico de tres carbonos, cun grupo OH no carbono 2 e un grupo fosfato esterificado no carbono 3 [2]. Pola posición do OH é unha forma D. Pola súa estrutura química pode considerarse un derivado do ácido glicérico.
Ácido 3-fosfoglicérico | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Ácido (2R)-2-hidroxi-3-fosfonooxipropanoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 820-11-1 |
PubChem | 439183 |
ChemSpider | 388326 |
ChEBI | CHEBI:17794 |
ChEMBL | CHEMBL1160563 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C3H7O7P |
Masa molar | 186,06 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A forma desprotonada (COO-) do ácido denomínase 3-fosfoglicerato, que é a forma na que está a pH celular e na que intervén no metabolismo.