Ø
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ø ou ø é unha vogal utilizada nas linguas dinamarquesa, feroesa e norueguesa aínda que tamén no antigo éuscaro.
Foneticamente soa case como ir en bird ou ur en hurt en inglés, cunha pronuncia non rótica (que non pronuncia a [ɹ] silábica postnuclear, é dicir, a que está en posición de coda). Tamén é semellante á pronuncia do ditongo eu en francés, e ö en alemán, sueco ou turco.
O nome da letra é o mesmo que o seu son pero ás veces é denominada polos tipógrafos en inglés como "o con barra" (slashed ou).
A orixe da letra é a ligadura do ditongo "oe" (a liña horizontal do "e" representada na liña a través de "o") que se converteu nunha letra por si mesma.
En dinamarqués, feroés e noruegués modernos, a letra é unha vogal única (AFI [ø]), e non un ditongo, nin unha ligadura, nin unha variante da letra "O". Como di unha guía turística de Noruega, "non é un 'O' cunha barra, é un 'Ø'!". Nestas linguas pódese escribir ø ou oe se é necesario (en computadoras ou teléfonos non escandinavos).
Ten a súa equivalencia en "Ö" nos alfabetos utilizados en turco, azerí, turcomán, tártaro, finés, sueco, islandés, alemán, estoniano e húngaro.
En dinamarqués (e na escritura conservadora bokmål do noruegués), ø é unha palabra en si que significa "illa".
O símbolo "ø" úsase no Alfabeto Fonético Internacional para indicar o son da letra dinamarquesa e norueguesa, a vogal entre semipechada e media anterior arredondeada.