![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Oryx_Dammah.jpg/640px-Oryx_Dammah.jpg&w=640&q=50)
Órix branco
From Wikipedia, the free encyclopedia
O órix branco (Oryx dammah), tamén chamado órix de cornos de cimitarra, é unha especie de Oryx que outrora vivía nunha ampla zona a través do norte de África, pero que se extinguiu en liberdade en 2000. É unha especie de antílope africano da subfamilia Hippotraginae. É a única especie de Oryx que posúe cornos curvos, o que lle dá o nome común. O seu aspecto é adoito no xénero, pero os seus cornos cúrvanse cara a atrás en forma de cimitarra e a súa pelaxe, aínda que branca, é de cor avermellada nas patas e o pescozo, mentres que a máscara facial é case ausente.
Órix branco | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Extinto en estado salvaxe[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Oryx dammah Cretzschmar, 1826 |
Esta especie presenta a particularidade de que foi domesticada no Antigo Exipto como animal produtor de carne. Eventualmente, a súa domesticación caeu en desuso por mor da agresividade da especie. Distribuíase por todo o territorio sahariano.