![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fd/Moon_in_Sunrise_Sky_2.jpg/640px-Moon_in_Sunrise_Sky_2.jpg&w=640&q=50)
Óptica atmosférica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A óptica atmosférica é unha disciplina que trata de explicar como as propiedades ópticas distintivas da atmosfera terrestre causan unha ampla gama de fenómenos ópticos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fd/Moon_in_Sunrise_Sky_2.jpg/640px-Moon_in_Sunrise_Sky_2.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/ShuttlePlumeAtSunset.jpg/640px-ShuttlePlumeAtSunset.jpg)
A cor azul do ceo é un resultado directo da dispersión de Rayleigh, que redirixe a luz solar dunha frecuencia máis alta (azul) cara ao punto de observación. Como a luz azul é dispersada máis facilmente que a luz vermella, o sol vese dunha tinguidura avermellada cando é observado a través dunha atmosfera de maior espesor, como durante o amencer ou o ocaso. Outros materiais particulados en suspensión no ceo poden dispersar diferentes cores en diferentes ángulos, creando ceos coloridos á tardiña e ao amencer.
A dispersión dos cristais de xeo e doutras partículas na atmosfera son responsábeis de fenómenos coma os halos, arreboladas, coroas, raios crespuculares, e parhelios.
A variación destes fenómenos débese a diferentes tamaños e xeometrías das partículas presentes na atmosfera.[1] Pola súa banda, os arco iris son o resultado dunha combinación de reflexión e refracción dispersiva da luz nas pingas de auga. Xa que os arcos da vella aparecen entre o observador e o sol, son máis prominentes mentres máis próximo estea o sol ao horizonte.[2]
Os fenómenos ópticos onde os raios de luz se torcen debido a variacións térmicas no índice de refracción do aire son chamados espellismos, os que producen imaxes fortemente distorsionadas ou desprazadas de obxectos distantes. Outros fenómenos ópticos asociados coa temperatura atmosférica inclúen o efecto Nova Zembla e as Fata Morganas.[3]
As auroras prodúcense cando unha exección de partículas solares cargadas choca coa magnetósfera da Terra (ou doutros planetas).