Árabe alxeriano
dialecto magrebí da lingua árabe falado en Alxeria / From Wikipedia, the free encyclopedia
O árabe alxeriano é unha forma vernácula de árabe falado en Alxeria. Coñecido de forma nativa como dziria, darja ou derja, é unha variedade que pertence ao continuo dialectal do árabe magrebí e é mutuamente intelixible co árabe tunisiano e o árabe marroquí.[2]
Árabe alxeriano الدارجة الجزائرية ad-Dārja al-Jazairia | ||
---|---|---|
Falado en: | Alxeria | |
Total de falantes: | 35 millóns (2020) | |
Familia: | Semítica Semítica central Arábiga Árabe Magrebí Árabe alxeriano | |
Escrita: | alfabeto árabe | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | arq
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Do mesmo xeito que outras variedades de árabe magrebí, o árabe alxerino ten un vocabulario maioritariamente semita.[3] Ten influencias do bérber, do púnico e do latín (lingua romance africana)[4] e ten algúns préstamos do francés, do árabe andalusí, do turco otomán e do castelán. O árabe alxerino contén algúns préstamos bérberes que representan entre o 8% e o 9% do seu vocabulario.[5] A palabra darja (en árabe: الدارجة) é unha palabra árabe que significa "dialecto cotián/coloquial".[6]