From Wikipedia, the free encyclopedia
Ángel de Saavedra y Ramírez de Baquedano, máis coñecido polo seu título nobiliario Duque de Rivas, nado en Córdoba o 10 de marzo de 1791 e finado en Madrid o 22 de xuño de 1865, foi un dramaturgo, poeta e político español, coñecido polo drama romántico Don Álvaro o La fuerza del Sino.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ángel de Saavedra y Ramírez de Baquedano 10 de marzo de 1791 Córdoba, España |
Morte | 22 de xuño de 1865 (74 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Presidente do Consello de Estado | |
Embaixador de España en Francia | |
Ministro | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | escritor, dramaturgo, poeta, político |
Partido político | Partido Moderado |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Movemento | Romanticismo e Neoclasicismo |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Duke of Rivas (en) |
Cónxuxe | María de la Encarnación Cueto |
Fillos | Teobaldo de Saavedra y Cueto, Enrique de Saavedra, Gonzalo de Saavedra y Cueto |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Ramírez de Saavedra (Angel), p.369) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Estudou no Seminario de Nobres de Madrid durante once anos. Con só nove anos xa lle correspondía por descendencia a Cruz de Cabaleiro de Malta, a Bandeirola da Garda de Corps, o Hábito de Santiago etc. En 1807 foi alférez da Garda Real. Loitou con valentía contra as tropas napoleónicas sendo ferido na batalla de Ontígola. O Xeneral Castaños nomeouno capitán de Cabalaría Lixeira. Obtivo tamén o título de axudante do Estado Maior.
En 1823, Rivas foi condenado a morte polas súas crenzas liberais e por participar no golpe de estado de Riego en 1820. Ademais confiscáronselle os seus bens e fuxiu cara a Inglaterra, despois pasou a Malta onde viviu cinco anos, marchando en 1830 a París. Despois da morte de Fernando VII, regresou a España ao recibir a amnistía reclamando a súa herdanza e o seu título, ademais en 1834 morreu o seu irmán máis vello e foille concedido o título de Duque de Rivas. Dous anos despois foi nomeado Ministro de Gobernación. Logo emigrou a Portugal por pouco espazo de tempo. Ao seu regreso foi elixido senador, alcalde de Madrid, embaixador e ministro plenipotenciario en Nápoles e Francia. Foi Presidente do Consello de Ministros durante un día, do Ateneo de Madrid e da Real Academia Española en 1865.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Fernando Fernández de Córdova |
Ángel de Saavedra | Precede a: Baldomero Espartero |
Presidente do Goberno de España |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.