![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e0/Bry%25C5%2582ki_Bursztynu_Ba%25C5%2582tyckiego_%2528sukcynitu%2529.jpg/640px-Bry%25C5%2582ki_Bursztynu_Ba%25C5%2582tyckiego_%2528sukcynitu%2529.jpg&w=640&q=50)
Ámbar báltico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ámbar báltico ou succinita é o ámbar que se atopa nos depósitos da rexión báltica, que son os maiores depósitos de ámbar coñecidos. Orixinouse durante a época do Eoceno, pero discútese o momento exacto. Estimouse que os bosques que había daquela produciron máis de 100.000 toneladas de ámbar.[1] Ten usos ornamentais e de xoiaría e tamén un interese paleontolóxico, polos seres vivos que quedaron fosilizados en inclusións no seu interior. Hoxe, máis do 90% do ámbar do mundo procede do oblast de Kaliningrado, Rusia. É unha importante fonte de ingresos da rexión; a compañía local Kaliningrad Amber Combine extraeu 250 toneladas de ámbar en 2014,[2] e 400 toneladas en 2015.[3]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e0/Bry%C5%82ki_Bursztynu_Ba%C5%82tyckiego_%28sukcynitu%29.jpg/640px-Bry%C5%82ki_Bursztynu_Ba%C5%82tyckiego_%28sukcynitu%29.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b9/Eocene_Europe_amber_map.jpg/640px-Eocene_Europe_amber_map.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e6/Baltic_beach_sand_containing_amber.jpg/640px-Baltic_beach_sand_containing_amber.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Amber_Fisher.jpg/640px-Amber_Fisher.jpg)
Antes pensábase que o ámbar do Báltico incluía tamén o ámbar das minas de lignito de Bitterfeld, Saxonia (Alemaña). O ámbar de Bitterfeld críase antes que era de só 20–22 millóns de anos de anigüidade (Mioceno), pero unha comparación das inclusións animais feitas en 2003 indicou que era posiblemente ámbar báltico que fora redepositado nun depósito do mioceno.[4] Posteriores estudos dos taxons de insectos incluídos no ámbar mostraron que o ámbar de Bitterfeld procedía do mesmo bosque que o ámbar báltico, pero foi depositado separadamente nunha sección máis ao sur, de maneira similar que o ámbar de Rovno ucraíno.[5] Outras fontes de ámbar báltico van desde Polonia a Rusia.
Como o ámbar báltico contén dun 3 a un 8% de ácido succínico, tamén se chama succinita.