From Wikipedia, the free encyclopedia
Nós é un álbum de 49 estampas realizadas por Castelao entre 1916 e 1918, estampas que amosan un gran realismo e preocupación polas condicións de vida do pobo. Inclúe ademais un autorretrato.
O contido do álbum apareceu primeiro en exposicións, a primeira na Coruña do 2 ao 22 de marzo de 1920. Posteriormente, expúxose nese ano en Madrid (setembro) e Ourense (novembro), en Vilagarcía de Arousa (finais de 1921), Monforte de Lemos (febreiro de 1922), Ferrol (abril), Pontevedra (maio e xuño), Barcelona (xaneiro de 1923), Vigo (xuño) e Santiago de Compostela (abril e maio de 1924).
A exposición do álbum Nós deu pé a numerosas conferencias e actos culturais ó seu redor nas cidades onde se presentou. No caso da presentación en Santiago serviu de feito para o recoñecemento oficial do Seminario de Estudos Galegos, coa presenza do máis selecto da intelectualidade galega e do propio arcebispo de Santiago, Manuel Lago.
“ | O álbum Nos foi moito máis que un evento de arte. Foi o redescobrimento de un pobo, que leva o drama de vivir ás costas. Foi unha campanada, a máis forte e a máis fonda, que se deu na conciencia colectiva. Foi un estremecimento social que viría destinado a soerguer o esprito de Galicia | ” |
En 1931 editouse en libro, no prelo de Hauser y Menet de Madrid, cunha moi boa calidade. E en 1975, a editorial Akal, tamén de Madrid, publicou unha edición facsimilar.
No prólogo, asinado por Castelao en 1931, este insiste na actualidade da mensaxe que quixo transmitir con esta serie de láminas:
“ | Cicáis hoxe atacase as nosas mágoas c'un humor menos acedo; mais ninguén pode negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahí porqué me arrisco a publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e sirveu de pretesto para "conferencias" que influiron no actual rexurdimento da galeguidade | ” |
Durante décadas estiveron desaparecidos os orixinais das estampas. En xaneiro de 2021 a Deputación de Pontevedra mercou as estampas por 650.000 € á familia Domínguez Lino de Pontevedra que os conservara e mesmo rexeitou ofertas económicas máis altas para que puideran permanecer no Museo de Pontevedra cumprindo co desexo do propio Castelao. José Lino Sánchez, avogado, foi amigo de Castelao, coincidiu con el en moitas empresas e mesmo foi quen lle alugou a casa da rúa Oliva onde viviron el e a súa muller, Virxinia. Foi el quen conservou as estampas que o mesmo Castelao lle regalara nunha visita. Cando o Museo de Pontevedra accedeu a elas descubriu que eran os orixinais tan buscados.[1][2]
Así o Álbum Nós engádese ao rico patrimonio que o Museo conseva de Castelao.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.