O ácido palmitoleico [2] é un ácido graxo monoinsaturado omega-7 de 16 carbonos, que é un constituínte común dos glicéridos do tecido adiposo humano. Está presente en todos os tecidos, pero xeralmente se encontra en maiores concentracións no fígado. Biosintetízase a partir do ácido palmítico pola acción do encima delta-9 desaturase. Considérase un ácido graxo beneficioso, do que se observou que nos ratos incrementa a sensibilidade á insulina ao suprimir a inflamación, e inhibe a destrución das células beta pancreáticas secretoras de insulina.[3]

Thumb
Ácido palmitoleico.
Outros nomes [1]: ácido (Z)-9-hexadecenoico,
ácido hexadec-9-enoico,
cis-ácido palmitoleico,
9-cis-ácido hexadecenoico
Número CAS: 373-49-9.

A súa fórmula é CH3(CH2)5CH=CH(CH2)7COOH, que se pode abreviar como C16:1∆9, e leva un dobre enlace entre os carbonos 9 e 10 (que empezando a contar desde o final da cadea sería o sétimo carbono, polo que é un ácido graxo omega-7). O dobre enlace dálle un punto de fusión baixo, de 0,1 °C

Fontes

As fontes dietarias de ácido palmitoleico inclúen diversos aceites de orixe animal, vexetal e mariña. O aceite de macadamia (Macadamia integrifolia) e o aceite de Hippophae rhamnoides son fontes vexetais con altas concentracións do 17% [4] e 40%[5] de ácido palmitoleico, respectivamente.

Efectos biolóxicos potenciais

Nunha análise realizada a numerosos ácidos graxos, atopouse que o palmitoleato posiblemente inflúe na deposición e produción de graxa hepática, na acción da insulina, o palmitato, e a ácido graxo sintase, o que levou a propoñer para el o novo termo "lipoquina", xa que parece ter efectos similares aos dunha hormona.[6]

Como un de tales efectos pode ser o de mellorar a sensibilidade á insulina, encontrouse que o ácido palmitoleico (C16:1 n-7) nos ratos diabéticos atenúa a hiperglicemia e a hipertrigliceridemia ao incrementar a sensibilidade á insulina, en parte debido á supresión de xenes proinflamatorios, e mellora o metabolismo lipídico hepático.[7]

Outras investigacións preliminares indican que o ácido palmitoleico podería ter un papel como molécula sinalizadora que afecta ao peso corporal,[8] un resultado que é concordante coas observacións previas de que o ácido palmitoleico, entre outros ácidos graxos da dieta, pode ser utilizado por encimas que afectan á oxidación das graxas.[9] Consecuentemente, os tipos de aceites fabricados con alto contido de ácido palmitoleico poden servir para tratar a obesidade.[10]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.