Ácido malónico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido malónico ou ácido propanodioico é un ácido dicarboxílico de 3 carbonos coa fórmula CH2(COOH)2 [1]. O nome procede do grego μᾶλον (malon), que significa "mazá".
Non confundir con ácido málico ou ácido maleico.
O ácido malónico ten un esqueleto de 3 carbonos con dous grupos carboxilo (COOH), un en cada extremo da molécula, polo que é un ácido dicarboxílico. Os seus pKa son: pKa1=2,83, pKa2=5,69. Ten unha densidade de 1,619 g/cm3 e un punto de fusión de 135-136 °C.
A súa forma ionizada e os seus ésteres e sales denomínanse malonatos. O ión malonato ten os seus dous grupos carboxilo ionizados. Entre os malonatos destacaremos os seguintes:
- dietil malonato, (C2H5)2(C3H2O4),
- dimetil malonato, (CH3)2(C3H2O4),
- disodio malonato, Na2(C3H2O4).