![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Deoxycholic_acid.svg/langgl-640px-Deoxycholic_acid.svg.png&w=640&q=50)
Ácido desoxicólico
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido desoxicólico (tamén coñecido como desoxicolato) é un ácido biliar secundario formado a partir de compoñentes da bile. Orixínase a partir do ácido cólico. As bacterias do intestino transforman os conxugados de ácido cólico en ácido desoxicólico. O ácido desoxicólico orixinado polas bacterias no colon volve ao fígado por vía sanguínea por medio da circulación enterohepática e pode ser reutilizado e segregarse como conxugado na bile. O ácido desoxicólico é soluble en alcohol e ácido acético. Cando está puro é un po cristalino branco. A molécula ten unha estrutura esteroide con dous OH nas posicións 3 e 12 e un grupo carboxilo no extremo da cadea lateral.
Ácido desoxicólico | |
---|---|
![]() | |
Ácido (3α,5β,12α,20R)-3,12-dihidroxicolan-24-oico | |
Outros nomes Deoxicolato | |
Identificadores | |
Número CAS | 83-44-3 |
PubChem | 222528 |
ChemSpider | 193196 |
UNII | 005990WHZZ |
DrugBank | DB07690 |
ChEBI | CHEBI:28834 |
ChEMBL | CHEMBL406393 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C24H40O4 |
Masa molar | 392,57 g mol−1 |
Punto de fusión | 174 - 176 °C |
Solubilidade en auga | 0,24%[1] |
Acidez (pKa) | 6,58[2] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |