composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido behénico[1] ou ácido docosanoico[2][3] é un ácido graxo saturado de 22 carbonos coa fórmula C21H43COOH. Ten a aparencia de cristais ou pos brancos ou cor crema cun punto de fusión de 80 °C[4] e un punto de ebulición de 306 °C.
Ácido behénico | |
---|---|
Ácido docosanoico | |
Outros nomes Ácido behénico, ácido docosanoico; ácido 1-docosanoico; ácido n-docosanoico, n-docosanoato, Glicón B-70, Ácido hidrofol 560, Hidrofol 2022-55, Histreno 5522, Histreno 9022, Prifrac 2989, C22:0 | |
Identificadores | |
Número CAS | 112-85-6 |
PubChem | 8215 |
ChemSpider | 7923 |
UNII | H390488X0A |
Número CE | 204-010-8 |
KEGG | C08281 |
ChEBI | CHEBI:28941 |
ChEMBL | CHEMBL1173474 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C22H44O2 |
Masa molar | 340,58 g mol−1 |
Aspecto | pos ou cristais brancos ou amarelados |
Punto de fusión | 800 °C; 1 470 °F; 1 070 K |
Punto de ebulición | 306 °C; 583 °F; 579 K |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Como aceite alimentario o ácido behénico absórbese mal.[5]
É o principal compoñente do aceite de behén co 9% do total, que se extrae das sementes da árbore Moringa oleifera.[6]
O ácido behénico está presente tamén noutros aceites vexetais, como o aceite de colza (canola), o aceite de cacahuete e tamén en aceites de animais mariños[7].
Comercialmente o ácido behénico pode utilizarse para darlle suavidade aos acondicionadores de cabelo e cremas hidratantes[7]. Tamén se usa nos aceites lubricantes e como retardador da evaporación de disolventes, e ceras.
A redución do ácido behénico orixina behenil alcohol.
Debido á súa natureza anfipática, investigouse o seu uso en monocapas ou películas de Langmuir-Blodgett[8] .
O aceite de pracaxi (extraído das sementes de Pentaclethra macroloba) é un produto natural cunha das concentracións máis altas de ácido behénico coñecidas, e úsase en acondicionadores de cabelo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.