Walk the Moon
From Wikipedia, the free encyclopedia
Walk the Moon (estilizado como WALK THE MOON) é unha banda de indie rock de Cincinnati, Ohio, liderada polo cantante Nicholas Petricca. Formouse no 2008 e tivo varios cambios de compoñentes antes de que se xuntasen os actuais membros, Kevin Ray, Sean Waugaman e Eli Maiman no 2010.[3] O nome da banda deriva da canción "Walking on the Moon" de The Police.[4] O grupo estreou independentemente o seu primeiro álbum, i want! i want!, en novembro de 2010, conseguindo emisións do seu sinxelo "Anna Sun" en WCRD, WFPK, WKNH, WRLT e WTMD. En febreiro de 2011, Walk the Moon asinou con Mick Management. Estrearon o seu primeiro álbum oficial con RCA Records, Walk the Moon, en xuño de 2012.[5]
Datos rápidos Orixe, Período ...
Walk the Moon | |
---|---|
Orixe | Cincinnati, Ohio, Estados Unidos |
Período | 2008 - presente |
Xénero(s) | Indie rock, indie pop, dance-pop, synthpop |
Selo(s) discográfico(s) | RCA Records |
Membros | Nicholas Petricca Kevin Ray Sean Waugaman Eli Maiman |
Antigos membros | Adam Reifsnyder Michael Kolodziej Nick Lerangis Sam Cole[1] Ricky Human[1] Chris Robinson[2] |
Na rede | |
www | |
|
Pechar