Voo 370 de Malaysia Airlines
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 370 de Malaysia Airlines (MH370,[1] tamén designado segundo un acordo de código compartido como voo 748 CZ de China Southern Airlines)[2][3] foi un voo internacional de pasaxeiros, operado por un avión Boeing 777-200ER que transportaba 227 pasaxeiros e 12 tripulantes.[4]
O voo 370 partiu da capital de Malaisia Kuala Lumpur, ás 00:41 do 8 de marzo de 2014 (hora local; UTC+8) nun voo de seis horas de duración cara á capital da China, Pequín. O centro de control de tráfico aéreo de Subang informou ás 02:40 que se perdera o contacto co aparello. As autoridades dos Estados Unidos, Australia, China, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur, Tailandia e Vietnam montaron un dispositivo de busca e rescate conxunto,[5][6] para buscaren os restos do aparello no mar da China Meridional.
Voo 370 de Malaysia Airlines | |
---|---|
9M-MRO, o aparello perdido no incidente do voo 370, durante a súa saída do Aeroporto Roissy-Charles de Gaulle (Francia) en 2011. | |
Resumo | |
Data | 8 de marzo de 2014 |
Causa | desaparecido |
Lugar | presumiblemente no sur do océano Índico |
Coordenadas | |
Orixe | Kuala Lumpur |
Destino | Pequín |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 777-200ER |
Operador | Malaysia Airlines |
Rexistro | 9M-MRO |
Pasaxeiros | 227 |
Tripulación | 12 |
O FBI investigou a posibilidade que fora un caso de terrorismo, focalizando a súa atención ao feito que cando menos dous pasaxeiros tiñan identidades falsas.[7][8][9] e o xefe da forza aérea de Malaisia, Rodzali Daud, afirmou que os sinais do radar amosan a posibilidade que a aeronave dera a volta[10], tras días de busca infrutuosa os investigadores concluíron que a aeronave desviara a súa ruta, dirixíndose cara ao oeste cruzando a península Malaia e voando durante horas despois de desaparecer do radar[11][12], dirixíndose intencionadamente cara ao Índico. O 20 de marzo, unha serie de imaxes de satélite amosaron posibles restos da aeronave no sur do Índico, ao suroeste de Austrila, incrementándose a busca nesa zona.[13] Avións militares chineses e australianos avistaron máis restos en áreas próximas o 24 de marzo.[14] baseándose en análises de investigadores da aviación británica e da compañía de satélites Inmarsat fontes do goberno malaisio e de Malaysia Airlines afirmaron que o avión caeu ao mar no sur do Índico, morrendo todos os seus ocupantes.[15]