Villa Capra
villa de Palladio / From Wikipedia, the free encyclopedia
Villa Almerico Capra coñecida como A Rotonda (tamén coñecida como Villa Capra) é unha vila veneciana de planta central ou centralizada, situada preto da cidade de Vicenza, non moi lonxe da estrada Riviera Berica. Foi construída por Andrea Palladio polo 1566-1567,[1] quen recibiu o encargo do comitente Paolo Almerico. Rematouna como arquitecto Vincenzo Scamozzi en 1605 para os dous irmáns Capra, que adquiriran o edificio en 1591.
Villa Capra A Rotonda | |
---|---|
Villa Capra | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Italia |
Localización | 45°51′34″N 11°33′36″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | i, ii |
Inscrición | 1994 |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 712 |
Palladio realiza a obra a partir dunha interpretación dos modelos de vila de Cícero e de Plinio, o Novo.[2] A Rotonda, como se coñeceu despois, é un dos edificios máis famosos e imitados da historia da arquitectura;[3] sen dúbida é a villa máis famosa de Palladio[1] e, probablemente, de tódalas villas venecianas. No 1994, "Vicenza cidade de Palladio", foi declarada pola UNESCO como parte do Patrimonio da Humanidade;[4] en 1996, ampliouse a denominación e pasou a ser "Cidade de Vicenza e as vilas palladianas do Véneto".[5]