Venus de Médici
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Venus de Médici é unha escultura helenística en mármore a escala real[1] que representa á deusa grega do amor Afrodita. Trátase dunha copia en mármore do século I a. C., feita quizais en Atenas, dun orixinal grego en bronce, seguindo o tipo da Afrodita de Cnido,[2] que sería realizada por un escultor na inmediata tradición de Praxíteles, a finais do século. Converteuse nun dos puntos cruciais do progreso da tradición clásica occidental, cuxas referencias resumen os cambios de gusto e o proceso de investigación clásica.[3] Exhíbese na Galería Uffizi, en Florencia (Italia).