Unreal Engine
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unreal Engine é un motor de xogo desenvolvido por Epic Games, exhibido por primeira vez no shooter en primeira persoa de 1998 Unreal. Malia estar enfocado principalmente para shooters en primeira persoa, utilizouse en varios outros xéneros, incluíndo videoxogos de sixilo, MMORPGs e outros videoxogos de rol. Escrito na linguaxe de programación C++, Unreal Engine posúe un alto grao de portabilidade e é unha ferramenta de grande uso na industria dos videoxogos.[2][3]
Unreal Engine | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Epic Games |
Publicación inicial | 1 de xullo de 1998[1] |
Última versión | 5.0.1 (19 de abril de 2022) |
Repositorio | GitHub |
Sistema operativo | Windows, OS X, Linux |
Plataforma/s | Windows, OS X, Linux, HTML5, iOS, Android, Nintendo Switch, PlayStation 3, PlayStation 4, Wii U, Xbox 360, Xbox One |
Tipo | Motor de xogo |
Sitio web | www |
A última versión do motor é Unreal Engine 4, deseñado para Microsoft DirectX 11 e 12[4] (plataformas Microsoft Windows, Xbox One, Windows RT), GNM (para PlayStation 4), OpenGL (para macOS, Linux, iOS, Android, Ouya[5] e Windows XP[6]), Vulkan (para Android[7]), Metal (para iOS[8]) e JavaScript/WebGL (para navegadores HTML5).[9][10][11]