Unidade de coidados intensivos
instalación especial dentro da área hospitalaria / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha unidade de coidados intensivos (UCI), unidade de vixilancia intensiva (UVI), unidade de coidados críticos (UCC), centro de tratamento intensivo (CTI), unidade de medicina intensiva (UMI) ou unidade de terapia intensiva (UTI) é unha instalación especial dentro da área hospitalaria que proporciona medicina intensiva.
Os pacientes candidatos a entrar en coidados intensivos son aqueles que teñen algunha condición grave de saúde que pon en risco a súa vida e que, por tanto, requiren unha monitorización constante dos seus signos vitais e outros parámetros, como o control de líquidos.[1]
Moitos hospitais teñen habilitadas áreas de coidados intensivos para algunhas especialidades médicas.