Troy McClure
personaxe ficticio da serie animada estadounidense The Simpsons / From Wikipedia, the free encyclopedia
Troy McClure é un personaxe ficticio da serie animada estadounidense The Simpsons. Phil Hartman foi o actor que lle deu voz ó personaxe, que apareceu por primeira vez no episodio da segunda temporada titulado "Homer vs. Lisa and the 8th Commandment".[1] McClure representouse como un actor de obras baixo orzamento, como anuncios de televisión e filmes educativos. Aparece como personaxe principal no episodio "A Fish Called Selma", no que casa con Selma Bouvier para darlle un pulo á súa carreira en declive e calar os rumores sobre a súa vida persoal. McClure tamén aparece como presentador nos episodios "The Simpsons 138th Episode Spectacular" e "The Simpsons Spin-Off Showcase".
Troy McClure | |
---|---|
Personaxe de The Simpsons | |
Primeira aparición | "Homer vs. Lisa and the 8th Commandment" (1991) |
Última aparición | "Bart the Mother" (1998) |
Creador(es) | Steve Pepoon |
Voz orixinal | Phill Hartman |
Temporada(s) | 10 |
Información | |
Sexo | Masculino |
Ocupación | Actor |
Cónxuxe | Exmuller: Selma Bouvier |
McClure baseouse parcialmente nos actores de serie B Troy Donahue e Doug McClure, así como no mesmo Hartman. Tralo asasinato de Hartman o 28 de maio de 1998 retiráronse da serie tódolos personaxes ós que el daba voz, sendo a súa última participación no episodio da décima temporada titulado "Bart the Mother". Os medios teñen citado a McClure como un dos personaxes máis populares da serie. No ano 2006 IGN clasificouno no primeiro posto da súa lista dos "25 mellores personaxes secundarios de The Simpsons".