Trinta e seis vistas do monte Fuji
From Wikipedia, the free encyclopedia
Trinta e seis vistas do monte Fuji (富嶽三十六景 Fugaku Sanjūrokkei) é unha serie ukiyo-e composta de 46 xilografías creadas polo artista xaponés Katsushika Hokusai (1760–1849), as cales foron realizadas entre 1831 e 1833. A serie retrata o monte Fuji visto desde diversas perspectivas e baixo distintas estacións do ano e condicións climáticas. Orixinalmente a serie estaba composta por 36 xilografías, mais debido ao seu éxito, incluíronse adicionalmente dez máis nunha segunda publicación[1]
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Se ben Trinta e seis vistas do Monte Fuji é unha das series ukiyo-e máis famosas que tratan sobre o Monte Fuji, esta contén moitas similitudes con outras obras relacionadas tamén co Monte Fuji, como por exemplo Fuji Sanjū-Rokkei «Trinta e seis vistas do monte Fuji» de Utagawa Hiroshige ou a serie Fugaku Hyakkei «Once vistas do monte Fuji» do mesmo Hokusai. O Monte Fuji é un símbolo moi popular na arte xaponesa, debido ao seu peso cultural e relixioso. Esta crenza remóntase a Kaguya, onde unha deusa deposita o elixir da vida no curuto.