Tratado de Amiens (1802)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tratado de Amiens ou Paz de Amiens asinada en Amiens (Francia) o 27 de marzo de 1802,[1][2] foi un acordo que puxo fin á guerra entre o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda contra a Primeira República Francesa máis os seus aliados (España e a República Bátava).[3]
A paz durou tan só trece meses e rematou o 18 de maio de 1803. Foi o único período de paz xeral en Europa durante as Guerras da Coalición; é dicir, a apertura de hostilidades entre Francia e o Sacro Imperio dende a primavera de 1792 até a primeira abdicación de Napoleón I en 1814. Este período separa as Guerras da Revolución Francesa (1792-1802) e as Guerras napoleónicas (1803-1815).