Steven Paul Jobs, máis coñecido como Steve Jobs, nado o 24 de febreiro de 1955 e finado o 5 de outubro de 2011,[1] foi un magnate e empresario informático estadounidense. Foi o cofundador,[2] e presidente executivo de Apple Inc.[3][4] Jobs tamén foi durante un tempo presidente executivo de Pixar Animation Studios; e fíxose membro do consello de directores de The Walt Disney Company en 2006, despois da adquisición de Pixar por parte de Disney. Nos créditos de Toy Story (1995) aparece como un dos produtores executivos.[5]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Steve Jobs |
Biografía |
---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1955 San Francisco, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 5 de outubro de 2011 (56 anos) Palo Alto, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | cancro de páncreas |
---|
Lugar de sepultura | Alta Mesa Memorial Park (pt) |
---|
|
|
Director executivo Apple |
---|
|
|
16 de setembro de 1997 – 24 de agosto de 2011 – Tim Cook (pt) → |
Director executivo Pixar |
---|
29 de novembro de 1995 – 1997 |
Director executivo NeXT |
---|
|
1985 – 1997 |
Director executivo Apple |
---|
3 de xaneiro de 1977 – 1985 |
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Mountain View |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
---|
Relixión | Budismo e Zen |
---|
Educación | Reed College (pt) (1972–1974) Homestead High School (pt) (–1972) De Anza College (en) |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | emprendedor , produtor delegado , produtor de cinema , informático teórico , inventor , deseñador , financeiro |
---|
Período de actividade | 1974 - 2011 |
---|
Empregador | Apple NeXT Pixar Atari, Inc. (pt) |
---|
Partido político | Partido Demócrata |
---|
Membro de | |
---|
Lingua | Lingua inglesa |
---|
Participou en |
---|
|
2005 | commencement at the Stanford University (en) |
|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Cónxuxe | Laurene Powell Jobs (1991–2011), morte da persoa |
---|
Parella | Chrisann Brennan (pt) |
---|
Fillos | Adrian Brennan-Jobs () Chrisann Brennan (pt) Erin Sienna (pt) () Laurene Powell Jobs (pt) Reed Paul (pt) () Laurene Powell Jobs (pt) Eve Jobs (pt) () Laurene Powell Jobs (pt) |
---|
Pais | Abdulfattah Jandali (pt) e Joanne Carole Schieble Simpson (pt) |
---|
Irmáns | Mona Simpson |
---|
Parentes | Paul Jobs (pt) (pai adotivo (pt) ) Clara Hagopian Jobs (pt) (mãe adotiva (pt) ) Bassma Al Jandaly (pt) (curmán) Malek Jandali (pt) (curmán) |
---|
Premios |
|
|
Páxina web | apple.com… |
---|
|
Pechar
A finais dos anos 70, Jobs, co cofundador de Apple Steve Wozniak, e xunto a Mike Markkula[2] e outros, deseñaron, desenvolveron e comercializaron unha das primeiras e exitosas liñas de ordenadores persoais, a serie Apple II. A principios dos 80, Jobs estaba entre os primeiros en ver o potencial comercial da interface gráfica controlada por rato da compañía PARC, que levou á creación do Macintosh.[6][7]
O 5 de outubro de 2011, Apple anunciou que Jobs falecera á idade de 56 anos[8][9][10][11] debido a un cancro neuroendocrino de páncreas[12].