Sinopia (cor)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A sinopia é unha palabra que se refire, por unha banda, á denominación dun pigmento natural a partir dunhas terras amarronadas ou vermellas da rexión de Sinope, en Asia Menor[1], actual Turquía. Por outra, é a unha técnica empregada na pintura en fresco a partir do uso dese pigmento.
Sinopia | |
---|---|
Coordenadas de cor | |
Triplete hexadecimal |
|
sRGBB (r, g, b) | (203, 65, 11) |
CMYKH (c, m, y, k) | (0, 68, 95, 20) |
Orixe | Sen fonte |
B: Normalized to [0–255] (byte) H: Normalized to [0–100] (hundred) |
Consiste na realización dun bosquexo, do deseño a crear, sobre as masas do muro xa preparado para o que se empregan unhas terras vermellas. Unha vez concluído, o deseño vaise cubrindo, gradualmente, cunha derradeira capa de xeso
A sinopia tivo un uso abondoso até os primeiros anos do século XVI, cando foi progresivamente substituído polo grafito (que consistía en marcas obtidas pola presión sobre o deseño preparatorio) e polo bosquexo (debuxos realizados sobre cartolina que, de seguido, eran perforados nas beiras e sobre os que botaba po de carbón, de xeito que as liñas quedaban punteadas na parede).
Miguelanxo e Rafael utilizaron en varias preparacións estas terras de cor vermella nas súas obras coa técnica do fresco.[2]