Saturación (cor)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na teoría da cor, a saturación,[1] colorido ou pureza é a intensidade dun matiz específico. Baséase na pureza da cor; unha cor moi saturada ten unha cor viva e intensa, mentres que unha cor menos saturada parece máis descolorida e agrisada. Sen saturación, unha cor convértese nun ton de gris.
A saturación dunha cor está determinada por unha combinación da súa intensidade luminosa e a distribución das súas diferentes lonxitudes de onda no espectro de cores. A cor máis pura conséguese usando unha soa lonxitude de onda a unha intensidade moi alta, como cun láser. Se a intensidade luminosa diminúe, a saturación tamén. Para desaturar unha cor nun sistema sustractivo (como no gouache), pode engadírselle branco, negro, gris, ou a súa cor complementaria.
A saturación é unha das coordenadas nos sistemas colorimétricos HSL e HSV.