Santiago (nome)
nome masculino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago, Xácome ou Xacobe é un nome propio da onomástica galega que provén do hebraico יַעֲקֹב (Ia'akov), que significa (segundo a etimoloxía popular contida na Biblia) "sostido polo calcaño"[1]. Xacob foi o nome do patriarca que despois se chamou de Israel. O nome de Santiago ou Xacobe é típico en occidente, no mundo hebraico e no islámico. Iago, Xaime, Tiago e Diego son variantes galegas do nome.